Un despropósito máis deste goberno municipal.
A Concellería de Educación e Participación Cidadana vai gastar este mes 6.885 € en subvencionar un Programa de Multiaventura na praia de Patos e o Programa de Conciliación Familiar de Mañás do Verán no Colexio Mestre Martínez Alonso, até aí nada que obxectar.
A nosa obxeción plantease cando este Concello subvenciona a todos os nenos e nenas escolarizados en Mos sen necesidade de estar empadroados aquí. Ningún concello da contorna subvenciona actividades extraescolares aos escolarizados no seu municipio se non estan empadroados no propio municipio. Porén, en Mos subvencionamos as actividades aínda que os rapaces sexan doutro concello.
Este despróposito é maior se temos en conta que na nosa vila hai varios colexios (Los Sauces, El Castro,…) para as familias adineradas de Vigo cuxo alumnado será subvencionado polos veciños de Mos.
En reiteradas ocasións solicitamos ao goberno municipal que enmendara isto poñendo como requisito estar empadronado no noso concello para acceder as subvencións.
Non antendeu a razóns.