Este pasado domingo culminouse a entrega das catro medallas ao mérito e o nomeamento do fillo predilecto do Concello de Mos nun acto no Centro Dotacional de Torroso.
Un acto no que os protagonistas deberian ter sido os galardoados pero lamentablemente a súa homenaxe viuse empobrecida pola actitude de Nidia Arévalo, a cal saltándose todo o protocolo municipal converteu dita homenaxe nun acto de mera propaganda partidista. Utilizando caras coñecidas do seu partido como a conselleira do medio rural da Xunta ou a presidenta do Congreso dos Deputados, xunto coa mesma Arévalo, aproveitaron un acto institucional, que deberia ser totalmente festivo e apolítico, para realizar un longo e inapropiado discurso partidista no que as tres «protagonistas» se repetiron unha e outra vez na proclamación das precarias politicas do Partido Popular, como si dun autentico mitin de campaña electoral se tratara e onde se marxinou en contra do protocolo aos corporativos que non son do PP.