Presentación conxunta da moción para solicitar a supresión da peaxe da AP-9 entre Vigo e Tui como alternativa viable ao trazado actual da autovía A-55.
Reunímonos Marea de Vigo, EU-Son Porriño, Son de Tui, Movemento por Salceda e GañaMos para presentar esta moción conxunta solicitando a supresión da peaxe a AP-9 entre Vigo e Tui como única alternativa ao trazado actual da autovía A-55. Dita moción se esta levando nestes días a pleno nos respectivos concellos.
Porque namentres a autovía A-55 soporta unha alta densidade de trafico paralela a ela discurre sen apenas trafico a autopista de peaxe AP-9 entre Vigo e Tui, existindo intercambiadores entre as dúas vías en Puxeiros-Mos, As Gándaras-Porriño e no seus remates de trazado en Tui.
O treito da AP-9 Vigo-Tui é a alternativa a autovía A-55, non é necesario seguir propoñendo mais trazados novos ou variantes con ou sen túnel, chega con dar un servizo libre de peaxe pola AP-9.
Ademáis estamos traballando para facer extensiva esta mocióna outros concellos afectados do sur da provincia. Tamén elevaremos esta demanda ao parlamento galego a través do grupo parlamentar en Marea.
Moción para solicitar a supresión da peaxe da AP-9 entre Vigo e Tui
É innegable que toda infraestructura por moi necesaria que sexa, ten efectos negativos para a vida dos veciños e veciñas colindantes ou desplazados pola construcción que se deben cuantificar e posteriormente eliminar ou alomenos minimizar. Optimizar os servizos e reducir os seus perxuizos é una responsabilidade ineludible das administraciáns.
O trazado da mal chamada autovía A-55 entre Porriño e Vigo supón un claro exemplo da mala xestión dos poderes públicos. Sendo un dos principais accesos a unha cidade de máis de 300 mil habitantes e ata hai pouco tempo, a saída de Galicia cara Portugal. Este trazado que na súa maior parte é un simple desdobramento do antigo trazado da N-120 leva máis de 25 anos encabezando as listas de siniestralidade das estradas do estado.
Convertiuse pronto nun punto negro que non deixa de cubrir titulares de prensa a cotío. Tódolos intentos de paliar a alta concentración de accidentes na A-55: mellora do asfaltado, reforzo da sinalización, limitación da velocidade ou o efecto intimidatorio dos diversos controles de velocidade por radar e mesmo as obras en curso de mellora da seguridade, todas, son actuacións que non melloran un sinuoso trazado que conta con moitisimas curvas pechadas dun radio impropio dun vial de alta capacidade.
Ademais esta estrada soporta unha alta densidade tanto de tráfico pesado polo desenvolvemento industrial do sur da provincia nas últimas décadas como tamén dos desplazamentos de turismos pola concentración de poboación na bisbarra.