A Policía Municipal non pode ser unha ferramenta de captación de votos do goberno de turno.

Posted on Actualizado enn

Una das multas sobre as que o policia denuncia que recibiu máis presións do goberno municipal

Algo esta cambiando en Mos cando a xente comeza a perder o medo a falar e denunciar os abusos do goberno da sra. Arévalo.
O policia municipal con placa 164006 denuncia que sufre continuas presións da sra. Arévalo para retirar as sancións impostas aos infractores que pertencen ao seu círculo político. Non importa se o infractor estivo implicado nun accidente ou se a súa conducción temeraria puxo en perigo a vida dos veciños, o importante é se estas na lista na que o favor da alcaldesa concedeche impunidade.
Namentras a sra. Arévalo esforzase en manter a súa rede de prebendas a nosa policia municipal ten que traballar sen materiais tan básicos como uns talkies para poder comunicarse axilmente, os chalecos antibalas obrigatorios por lei ou mesmo uns simples etilómetros para poder controlar cando un conductor ebrio arrisca a súa vida e a dos demáis. Pero sobre todo carecen do apoio para realizar o seu traballo con imparcialidade podendo multar as infraccións sen ter que ver se o infractor esta na lista dos intocables da sra. Arévalo.
Ademais dito axente municipal nos sinala que en numerosas ocasións esta de servizo un só axente para todo Mos por falta de persoal. Un só policia ten que cubrir aos accidentes de tráfico ou otras intervencións, sendo moi complicado así realizar a súa función coa dedicación e seguridade necesaria.
A Policía Municipal non pode ser unha ferramenta de captación de votos do goberno de turno, ten que funcionar de xeito autónomo velando sen arbitrariedades polo benestar de todas as veciñas e veciños de Mos.
Dende GañaMos esixiremos que esto non se volva a repetir e que se garanta que a policia municipal ten cubertas as suas necesidades básicas e esta ben organizada.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.