O Proxecto de humanización da Avda de Puxeiros presenta aspectos mellorabeis.
O Proxecto de humanización da Avda de Puxeiros presenta aspectos mellorabeis como o paso peonil despois do enlace coa A55 que está moi arriba polo que os veciños do Casal terán que desplazarse até 400 metros para cruzar, a marquesina do barrio de Casal subindo dereita, na que collen autobús numerosas persoas queda sen vía peonil de acceso co alto risco de atropello, ou mesmo que non queda ningun aparcadoiro en toda a zona humanizada.
Por iso, presentamos un prego no último pleno e posteriormente tivemos unha reunión co técnico redactor do proxecto para que se reivise o proxecto e se inclúa o seguinte:
– Prolongación da senda peonil da dereita até a marquesina e os accesos aos barrios de Casal e Ramilo.
– Realización de aparcadoiros na marxen dereita valorando a modificación da zona verde na mediana e sustituila se fose preciso por colocación de árbores nos laterais da vía circulación.
Ademáis solicitamos tamén que se inicie a maior brevedade a redación du novo Proxecto para humanizar e mellorar a zona que queda despois do enlace de incorporación á A55 até o acceso; realizando unha rotonda na incorporación que facilite a circulación rodada e peonil. Que se inste e colabore co organismo competente (en este caso, o Ministerio de Fomento) na redacción dun novo proxecto de humanización que enlace e dé continuidade as obras obxecto deste proxecto de humanización ata os barrios de Casal e Ramilo, coa construcción dunha rotonda situada na vía de servizo da autovía A-55 (proxima a ponte da Autovía) que facilite o tránsito e as maniobras dos vehículos (incluindo cambios de sentido dos que saen do Alto de Puxeiros), así como de peóns, eliminando deste xeito o carril de incorporación dende a vía de servicio de Ramilo ó Alto de Puxeiros, proxectando nese lugar un paso de peóns máis próximo as marquesinas das paradas de autobús dos barrios de Casal e Ramilo.