Outra vez máis o goberno municipal ausente.
Unha vez máis o goberno municipal ausente, facendo caso omiso das súas funcións e obrigas no seguimento das obras contratadas para asegurarse neste caso que a contratista cumpre co prazo de execución cando ademáis o compromiso do prazo máis curto, 4 días, foi un dos requisitos principais para a adxudicación das obras de renovación de cesped artificial no campo de Cototorrón.

Pero este compromiso foi só papel mollado, 4 días, a empresa adxudicataria ainda nin rematou de retirar o antigo cesped cando o inicio das obras foi anunciado a principios de xullo.
E ao ritmo que levan acarreará un grave perxuizo ao Club do Louro, xa que botanse enrriba entrenamentos e inicio competición e o campo esta obviamente impracticable.
Nós presentamos un escrito no Concello instando ao goberno municipal a actuar pero se estan vacacións como o resto do ano alomenos recurriremos ao funcionario compentente no asunto para que aplique as clausulas sancionadoras do contrato como acicate para que a empresa contratista aumente o número de operarios na actuación e asi acelere o ritmo dos traballos.

O goberno da sra. Arévalo xa cumpliu sacandose a foto e o titular de prensa, pouco máis pode pedirselle a este inoperante equipo de goberno. Pero un goberno que fai as cousas ben ten a obriga de desbotar calquera oferta temeraria ou alomenos pedir garantias de cumplimento e por suposto manter a mínima vixilancia sobre as obras para que a empresa contratista cumpla o pliego de condicións.
Ademáis comentannos que co cesped retirado montouse un negocio de extraperlo vendendollo aos veciños cando este material ten que ser entregado a un xestor de residuos autorizado.