Nova senda peonil, as cousas hai que facelas ben!
Nós somos os primeiros que queremos construir sendas, beirarrúas ou calquera elemento que mellore a seguridade dos veciños de Mos cando camiñan polas estradas. De feito a futura senda peonil de Torroso é un punto principal do noso programa.
Pero as cousas hai que facelas ben! Non, as presas, buscando a foto e o titular de prensa deixando de lado o interese da veciñanza.