A mesa do Camiño de Santiago
Unha mágoa que PP de Mos non mire mais lonxe do seu rédito político na xestion dos recursos patrimoniais e culturais do noso Concello.
Anuncian axudas para sinalizar o Camiño de Santiago como o principal activo cultural e turístico de Mos. Ninguen pon en cuestión a importancia do camiño de Santiago pero si por onde transcurre e súas deficiencias que temos que solventar.
Pero por desgraza a sra. Arévalo negase a convidar á oposición a participar na mesa do Camiño de Santiago.
Ademáis e inxustificable o abandono deste goberno local cun dos castros mais antigos da Galiza, esquecendo as súas promesas electorais non fan absolutamente nada por recuperar o Castro de Torroso e poñelo en valor como motor económico e cultural para o concello de Mos.