Propostas para mellorar a distribución das axudas a comedores escolares
Todos os anos o goberno municipal anuncia un investimento social en axudas para os comedores escolares e todos os anos a finais de curso resulta que do importe anunciado só se gasta apenas un 30%, isto ocurre ano trás anos sen que o goberno do PP faga absolutamente nada para correxir e mellorar o modo no que se reparten estas axudas. Por iso presentamos unha moción con propostas para enmendar a situación e que o importe destinado ás axudas chegue realmente ás familias.