O colmo da demagoxia, PP e Psoe da man cando eles mesmos crearon o problema enerxético

Posted on Actualizado enn

Dende GañaMos consideramos unha hipocresía a moción presentada polo PSOE no anterior pleno do 31 de xullo contra os contadores da luz e a obrigatoriedade do cambio do novo sistema imposto por Gas Natural Fenosa.

O noso grupo municipal decidiu non apoiar xa que nos parece unha tomadura de pelo que os representantes municipais do PSOE presenten unha moción sabendo que o seu partido xunto ao PP deron o visto bó a políticas privatizadoras que incrementaron o prezo da luz e que no peor dos casos provocaron a morte de cidadáns a causa do frío por non poder pagar.

Tanto PP coma PSOE son responsables directos da actual situación do sector eléctrico debido as numerosas privatizacións efectuadas, coma no caso de Endesa por exemplo, iniciada polo PSOE no seu momento.

Ex altos cargos dos dous partidos están dentro de consellos de administración de grandes empresas coma Endesa, Gas Natural (Felipe González, Aznar)

Os dous partidos son ineficazes a hora de levar a cabo políticas para impulsar o uso de enerxías renovables e de aplicar impostos coma o do Sol.

Por estas razóns consideramos que ámbolos dous partidos son cómplices do aumento do número de familias que non poden pagar a luz pola aplicación de políticas neoliberais responsables do desmantelamento dos servizos públicos.

Ademais do que estes partidos aproban no estado espanhol, vimos como o PP é o PSOE chegaron a un acordo conxunto para quitarlle o contido político a moción presentada polo PSOE, deixando claro que tanto a nivel municipal coma estatal estes dous partidos enténdense moi ben mentres a maioría da poboación segue sufrindo as súas políticas.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.