A desastrosa situación do transporte interurbano a que nos levou a improvisación da Xunta de Feijoó
Onte parlamentarios de En Marea ( Anton Sanchez, Paula Quinteiro e Luca Chao) e concelleiros das mareas municipais da comarca (Mos, Porriño, Nigrán, Mondariz, Vigo e Salceda de Caselas) xuntamonos para denunciar a desastrosa situación do transporte urbano a que nos levou a improvisación do Partido Popular na sua xestión do goberno da Xunta.
Unha situación que esta perxudicando aos usuarios sobre todo no rural ante a cancelacion de liñas, eliminación de paradas ou a reducción de frecuencias.
Chegamos a esta situación pola falta dun plan integral de transporte interurbano para Galicia. O PP estivo prorrogando as concesións sen preparar un plan integral ata que atopouse conque en 2016 dende instacias europeas declaran ilegal estas prorrogas enton as presas fai un plan provisional sen contar coa opinión dos concellos.
Ante o vacio legal que fai esta improvisacion as compañias abandonan 600 concesións deficitarias, problema que a Xunta intentou remediar con outro parche.
Agora as compañias campanas suas anchas quitando e poñendo liñas a sua conveniencia cun goberno incapaz de reconducir a situación