Comunicado conxunto ante a paralización oficial das obras da autovía A-55

Posted on Actualizado enn

O Ministerio de Fomento fixo oficial a paralización das obras de mellora da seguridade nos accesos da autovía A-55 no treito comprendido entre Vigo e Porriño que atravesa Mós. Esto é só un anuncio formal, porque de todos e todas as usuarias desta autovía era sabido que estas obras levan máis dun ano sin actividade, de feito, apenas se realizaron mínimas actuacións hai case dous anos.

19/03/2015 Pastor e Arévalo anuncian as obras da A-55. as súas risas ian ser moi agoreiras.

Sen esaxerar moito case houbo máis actividade cando Fomento e Xunta viron fai máis de dous anos a anunciar estas obras como de execución inmediata que nestos anos transcurridos.

A desculpa esgrimida por Fomento, “a complexidade das obras de reforma”, reflexa tanto a improvisación coa que anunciaron e iniciaron as obras en período electoral como a incapacidade manifesta para xestionar os recursos públicos por parte do Partido Popular.

Non fai falla redundar na alta siniestrabilidadde desta autovía para lembrar a urxencia da execución destas melloras nos accesos.  Dende as mareas municipalistas da contorna,Marea de Vigo, EU-SON Porriño e GañaMós, esiximos que se reanuden as obras a maior brevedade cun programa de execución serio, sen máis burlas a cidadanía, e que se invirta a totalidade da partida comprometida.

Solicitamos tamén que namentras non se rematan as obras se libere o peaxe da AP-9 no treito entre Vigo e Tui como alternativa a situación da A-55.

Instamos a Fomento que namentras as obras esten paralizadas sen data próxima de reanudación revise a necesidade de manter a sinalización provisional e elementos de balizamento na calzada da autovía A-55, xa que esta resulta en si mesma un perigo para o trafico rodado e un obstáculo para a circulación fluida.

Asinan as mareas municipais das vilas directamente afectadas:

Marea de Vigo, EU-SON Porriño e GañaMós.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.