A insensibilidade da sra. Arévalo é absoluta.
Para a sra. Arévalo é unha risa ter a xente traballando sen as máis mínimas medidas de seguridade. Que pouco lle importa o que lle pasa á xente. A súa frivolidade cos problemas que padecen estos traballadores é tal que chega a mentir descaradamente. Non imos permitir que siga mentindo impunemente aos mosenses, as súas risas non van a agochar a gravidade do que ocurre.