Adhesión a guía de linguaxe inclusiva da Deputación de Pontevedra.

Posted on Actualizado enn

MOCIÓN POLA ADHESIÓN Á GUÍA DE COMUNICACIÓN INCLUSIVA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA FACER UN USO REAL DA LINGUAXE INCLUSIVA NO CONCELLO DE MÓS E EN TODAS AS BASES, COMUNICADOS E DOCUMENTOS OFICIAIS SEN EXCEPCIÓN.

A linguaxe non inclusiva, é dicir, a linguaxe machista, é tratada como a xeral, a oficial, inofensiva por estar avalada pola cúpula maioritaria de homes da RAE; mais non ten nada de inofensiva, a linguaxe non inclusiva perpetúa a invisibilización do 50% da poboación, porque a linguaxe masculina non é neutra, non representa ás mulleres, e evidentemente, non podemos nin debemos toleralo.

Practicamente todos os concellos carecen de guía de linguaxe inclusiva; e se a teñen, esta queda escasa e non é suficiente para as necesidades reais do funcionariado e compoñentes da corporación municipal; algo que ocorre no noso concello. Dicimos isto sen, evidentemente, tirar por terra os pasos que se deron en igualdade e equidade nas anteriores lexislaturas; mais tamén é obvio que non o avance neste eido queda curto cando pretendemos implantar de maneira rigorosa unha linguaxe non sexista dende as institucións públicas. O funcionariado e os compoñentes da corporación municipal non teñen por que coñecer as formas non sexistas da linguaxe, e ao non coñecelas en moitas ocasións úsase a forma masculina.

É por iso tan necesaria a adhesión deste concello a dita guía de comunicación inclusiva; que xunto a un pequeno curso de formación podemos concienciar ao cadro de persoal do concello; usando desta maneira unha linguaxe non sexista nas comunicacións e documentos da institución municipal. É unha guía elaborada por persoas expertas en perspectiva de xénero.

Por desgraza, non fai falta percorrer nin rebuscar moito na páxina web de diferentes concellos da provincia para observar exemplos de linguaxe sexista ou non inclusivo, e ante o detrimento dos dereitos das mulleres, non podemos quedar coa boca calada, temos que loitar xunto ao movemento feminista e darlle valor as súas reivindicacións; e a linguaxe non é menos, unha loita máis das mulleres que se iniciou de maneira oficial no 1983. Todas as persoas sabemos que o que non se nomea, non existe.

Por todo o exposto, o grupo municipal GañaMós propón a aprobación dos seguintes puntos, se procede, ao pleno da corporación municipal:

1. Acordo expreso deste pleno para que o Concello de Mós se adhira á Guía de Comunicación Inclusiva solicitando e/ou editando os exemplares precisos para o persoal do concello e compoñentes da corporación.

2. Formación do persoal administrativo en linguaxe non sexista e realización dunha campaña interna que promova o uso da linguaxe inclusiva en todos os documentos e comunicacións do Concello de Mós.

3. Manter unha especial sensibilidade coa linguaxe non sexista, sendo prioritaria a revisión de novos comunicados e documentos públicos a asinar; corrixindo aqueles erros que incorran en linguaxe machista e que non representen ao 50% da poboación.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .