Lei depredadora de Galicia
A Lei de «Fomento de iniciativas empresariais» recén aprobada polo goberno de Feijóo por prodecemento exprés agocha no seu interior unhas medidas para dar barra libre aos grandes oligopolios eléctricos, mineiros e forestais. Reduce as garantías ambientais e elimina a obriagación de repoñer as desfeitas ecolóxicas que ocasionen as explotacións. Ademáis obstaculiza inda máis calquera oposición veciñal contra estos proxectos depredadores. Necesitamos crear traballo de calidade e non hipotecar máis o noso país.