Acordo co Fegamp para propiciar a implantación de novas empresas
Nós estamos en principio a favor deste acordo co Fegamp para propiciar a implantación de novas empresas no noso Concello pero as cousas hai que facelas ben. Calquera gobernante sensato antes de meterse fai as contas, calquera menos a sra. Arévalo a quen lle pesa máis a obediencia aos dictados dos seus xefes en Compostela que o interese da veciñanza de Mós.