Propostas para a Mesa do Camiño de Santiago.
Unha vez máis o PP de Mos veta as nosas propostas aínda que estas beneficien á veciñanza. Levamos máis dun ano solicitando a inclusión do noso grupo na Mesa do Camiño, pero a sra. alcaldesa non quere a ninguén que lle faga sombra con iniciativas de importancia. Só traballa para alimentar o seu ego persoal. No cargo que ocupa debería ser todo o contrario pero hai cousas que nunca cambian.