As nosas Propostas aos Orzamentos 2018 de Galicia

Posted on Actualizado enn

Na reunión cas deputadas Paula Quinteiro e Marcos Cal trasladámoslles as nosas propostas para que estas sexan incluidas no Orzamento do vindeiro ano que esta debatindose agora no Parlamento Galego.

1.- Remodelación do colexio Pena de Francia e atender as necesidades do resto dos centros educativos publicos.

Todos os colexios de Mós teñen necesidades sen atender pero o colexio Pena de Francia é o que sufre máis desamparo da administración autonómica. Dito CEIP é un colexio de case 40 anos e necesita mudar as fiestras que son ainda do modelo antigo sen aillante, as paredes estan cheas de grietas e rematar de renovar os teitos.

2.- Mellorar a seguridade dos pasos de peóns no barrio da Florida estrada PO-331 Porriño – Gondomar.

Na estrada P-331 ao seu paso pola zona residencial do barrio da Florida en Mós hai un paso de peóns do que a veciñanza da zona leva tempo queixandose pola súa perigosidade. Nese punto a estrada acada unha pendente considerable polo que os vehiculos que baixan dirección Porriño se aproximan a gran velocidade a este paso de peóns. Non é un problema de sinalización nin de visibilidade, entendemos que o necesario sería un paso peonil regulado por semaforos.

3.- Remozar o Centro de Saude de Mós.

O centro de saude de Mós atopase nun estado bastante avellentado e deteriorado sobre todo no seu aspecto exterior. As instalacións do centro necesitarian un remozado nos departamentos interiores e un lavado de cara nas fachadas exteriores.

4.- Crear un Centro de Día comarcal no antigo psiquiatrico do Rebullón.

Esta é unha demanda que conta co respaldo de todos os concellos da comarca que aprobaron en sus respectivos plenos a nosa moción e En Marea a travé de Eva Solla tamén presentou unha proposta na comisión competente do parlamento galego. As antigas instalacións do Hospital psiquiátrico do rebullón estan práticamente baleiras e en bo uso polo que é o lugar idoneo para estabrecer un Centro de día público que atenda as necesidades sociosanitarias da comarca.

5.- Adiantar os prazos de execución das obras de remodelación das rotondas das Angustias e do Costilleta

Estas obras de remodelación estan programadas a 4 anos vista cun exiguo orzamento os dous primeiros anos. Solicitar que se eliminen estos dous anos de demora e se aplique a totalidade do orzamento no 2018.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.