A extraña manía do PP mosense de invadir fincas privadas
Parece que a invasión de fincas privadas no camiño de Fontearvela non foi un acto illado. Comeza a ser o «modus operandi» do PP mosense este tipo de allanamentos de fincas privadas a golpe de pa, sen consentimento dos propietarios e sen mediar previo aviso. Así, crean enfrontamentos entre veciños, os cales logo, enfadados, rexeitan facer cesións para as obras públicas, tendo o Concello que realizar expropiacións forzosas. Isto acarrea maiores costes e demoras.
Que caro nós esta saíndo o goberno do Partido Popular!