Non á violencia contra a muller.
Temos que ir dando pasos para rematar con esta lacra da violencia contra a muller, por iso alegrámonos de que fora aprobada no pleno a nosa proposta para adherir o noso concello á guía de comunicación para unha linguaxe inclusiva. Agradecemos ao resto de partidos o seu voto favorable
Nesta loita contra a violencia machista tamén é fundamental visibilizar o noso total rexeitamento. Este sábado estaremos no Monumento á Muller en Santiaguiño (Guizán) manifestando a nosa condena.