Moción​ ​para​ ​que​ ​o​ ​Concello​ ​de​ ​Mós​ ​inste​ ​ao​ ​Ministerio​ ​de​ ​Fomento​ ​a​ ​axilizar os​ ​trámites​ ​pra​ ​cumplir​ ​co​ ​mandato​ ​do​ ​Congreso​ ​dos​ ​Deputados/as

Posted on Actualizado enn

Foron aprobadas, sen ningún voto en contra, no Congreso dos Deputados en Madrid dúas propostas para acadar unha solución ao grave problema da autovía A-55. Dúas propostas que entendemos contan ademáis do apoio do Congreso co consenso de todas e todos os mosenses e mesmo dos seus representantes no consistorio. A primeira foi defendida nalgún momento por todas as agrupacións locais dos partidos (BNG, Psoe e PP) antes incluso de que se conformara o noso grupo municipal e a segunda foi aprobadade xeito unánime en sesión​ ​plenaria​ ​a​ ​petición​ ​de​ ​GañaMós.

1.- O Congreso dos Deputados/as aprobou ​instar ao Ministerio de Fomento a que presente o máis axiña posible á concesionaria AUDASA unha oferta de reestruturación das peaxes no tramo da Autoestrada da Atlántico AP-9 entre Vigo e Tui que discurre paralela á A-55 Vigo-Porriño, co obxectivo de implantar unha tarifa anual bonificada para os turismos e vehículos pesados que utilicen habitualmente dita vía. A Establecer, en colaboración coa Xunta de Galicia, os mecanismos de control e supervisión das obrigacións dos titulares da concesión da AP-9, ao obxecto de garantir que os mesmos realicen un adecuado mantemento e a mesma, con aplicación das melloras técnicas dispoñibles, enfocado á seguridade e comodidade do usuario, e que asegure a adecuada durabilidad da infraestrutura. Tamén aprobou que sen prexuízo do anterior, estude as posibilidades de conferir carácter gratuíto ao paso de certos tramos da AP-9, así como unha recuperación da concesión e a posterior cesión da súa titularidade e competencias á Xunta de Galicia,​ ​nos​ ​termos​ ​que​ ​se​ ​acorden​ ​previa​ ​negociación​ ​entre​ ​as​ ​partes​ ​implicadas.

2.- O Congreso dos Deputados/as aprobou ​instar ao Ministerio de Fomento a realizar as actuacións necesarias para mellorar a seguridade viaria no cruzamento que conforma a antiga estrada Vigo-Madrid coa saída da autoestrada AP-9 no alto de Puxeiros, na confluencia entre o concello de Vigo e o de Mos. Para ese efecto, empraza ao Ministerio a estudar, a través dos técnicos da DGT, a opción máis óptima para abordar a problemática deste punto negro, co fin de levar a cabo as actuacións​ ​necesarias​ ​tendentes​ ​a​ ​atallar​ ​o​ ​problema​ ​de​ ​seguridade​ ​viaria​ ​existente.

Non dubidamos que o Ministerio de Fomento acatara o mandatado polo orgáno de represetación da soberanía de todas/os cidadáns pero as e os mosenses sabemos do urxente de implementar estas medidas e paliar a altisima siniestrabilidade da autovía​ ​A-55.

Por isto, solicitamos ao Concello de Mós que inste a Fomento a iniciar sen demora os trámites para levar acabo ambas actuacións consignando os fondos​ ​necesarios​ ​nos​ ​investimentos​ ​de​ ​2018​.

 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.