Os dereitos das persoas con Discapacidade
En 2013 entrou en vigor A Lei Xeral dos dereitos das persoas con Discapacidade e daba un prazo de 4 anos para adecuar os accesos das persoas discapacitadas aos edificios e instalacións públicas e facilitar así a súa mobilidade. Este luns 4 de decembro de 2017 remata o plazo. Fixo algo o goberno do Partido Popular para adecuar o noso concello e cumplir coa Lei? Para coñecer de primeira mán a situación acompañamos a Isolina, unha persoa discapacitada veciña de Mós, no recorrido dende a súa casa ata o edificio do Concello. Inda que imos pola senda peonil inagurada este verán as dificultades e trabas arquitectónicas se acumalan unha trás outra. Beirrarúas cheas de deficiencias, cruces sen rebaixes ou con estos feitos inadecuadamente son os obstáculos que ten que sortear Isolina coa súa cadeira de rodas. Esta valerosa veciña de Mós non ten medo a ir pola carretera pero é evidente que se expón a un atropelo cada vez que ten que vir ao Concello.
Cando chegamos a Casa Consistorial atopamonos que é un bunker inaccesible para unha persoa como Isolina, imposible acceder polas escaleras da entrada principal pero a entrada posterior do edificio tampouco esta acondicionada cando esto podía ser unha boa opción.
Achegámonos ata as instalación do recén inagurado CIM (centro de información a muller) e de novo atopamos trabas e barreras cunha rampa que supera o 20% de desnivel rebasando con creces o máximo permitido por lei. Despoís Isolina quere coñecer o resto da senda peonil pero en seguida decatouse que é imposible para una presoa en su situación, as beirarrúas polas que discurre a senda son angosta e cheas de obstáculos como farolas, postes de sinais,… que imposibilitan a circulación dunha persoa en cadeira de rodas.
Despoís de percorrer todo este periplo con Isolina damonos conta de que nada o moi pouco se fixo polo goberno municipal do Partido Popular para axudar ás persoas discapacitadas. Nin siquera se actuou en consecuencia cando se construían ou adecuaban centros ou edificios novos. Esto ten que cambiar, non podemos condear a persoas como Isolina a ser cidadáns de segunda toda a súa vida.