Anuncia o Partido Popular un orzamento para 2018 máis alto que o do 2017 pero cala que isto é grazas sobre todo a un crédito bancario de 358.431,02 € , aumentan o orzamento a base de endeudarnos máis non grazas a unha boa xestión da recaudación ou a unha boa captación de finanzamento doutras administracións. Isto non só o decimos nós, a propia interventora municipal reflexa no seu informe que o orzamento medra porque o concello se endeuda máis e recrimina ao PP que infle os ingresos., xa que se ten en conta deliberadamente un censo bruto sen depurar para calcular a recadación por impostos directos. Só hai que observar a evolución do ano 2017, os ingresos foron 2.182.318,20€ menos que a previsión inicial do PP. Ademáis a interventora advirte ao PP que esto pode acarrear un grave deficit e lembra que Mós pola súa enorme débeda 8.196..678,34€ esta suxeito ao Plan de Axuste. O PP consigna esta recadación alonxada da reaidade a sabendas por que só así poden soster no papel a súa política de titulares onde anuncian maravillosos incrementos no gasto social e superavits de cartónpluma. No ano 2016 os ingresos ordinarios foron case de 1,2 millóns menos dos previstos e o PP empecinase nesa previsión tan ilusa só para facer un bonito titular Ademáis na valoráción da alcaldía se omite a propósito que hai 1.235.198,88€ pendentes de pago do ano 2017 ao que teremos que sumar o que quede sen pagar no 2016 e o acumulado de 2015 para atrás. Logo como o ano pasado pagamos as facturas da luz con 5 meses de retraso e mediante recoñecemento extraxudical. Ou como a debéda de 127 860, 14 € que ten o Concello de MOS coa Mancomunidade de Vigo O pero é que o PP alardea dun incremento do 12% no gasto social pero nos ten demostrado ano tras ano que as cuantías de gasto social consignadas nos orzamentos son papel mollado xa que o gasto real ao remate de ano é moito menor que o anunciado polas duras condicións que impoñen para acceder ás axuda. O PP segue coa súa politica de fotonovela moi alonxada da realidade das veciñas e veciños de Mós. O goberno do PP estanos saindo moi caro. Datos salientables Orzamento 2018: – Orzamento 2018: 10.593.731,02€ – Orzamento 2017: 9.874.300 € – Incremento orzamentario anual 719.431,02€ – Crédito bancario 358.431,02 € – Facturas pendentes de pago do 2017 por importe de 1.235.198,88€ – Deficit ingresos 2017: 2.182.318,20€ – Débeda financieira: 8.196..678,34€
Orzamentos 2018 Mós continua a mala xestión.
Outro ano mais o PP de Mós fai uns orzamentos municipais que non teñen nada que ver coa realidade. uns orzamentos que o único que conseguen é endebedar máis o noso concello por culpa da súa incapacidade para xestionar ben.