PREOCUPACIÓN ANTE O PROXECTO DO CELTA EN MÓS.

Posted on

Ante a falta de informacion, a especulación e a presion mediatica e social que está a exercer o PP de Mós, realizamos este comunicado para que quede clara a nosa resposta ante a posibilidade de que o dono do Celta constrúa a súa cidade deportiva e un Macro Centro Comercial nos nosos montes.

Finalizamos o ano vendo como o Real Club Celta de Vigo, xunto cos representantes do PP de Mos e da Xunta, anuncian a súa intención de contruir unha cidade deportiva e un mega centro comercial nos montes de Tameiga e Pereiras, que afectaría aos veciños propietarios, ás Comunidades de Montes e ás Comunidades de Augas existentes. Nese anuncio propagandístico falase dun “acordo pechado” cas Comunidades de Montes de Pereiras e Tameiga cando a día de hoxe as asambleas de comuneiros aínda non foron convocadas para decidir por votación este suposto acordo. A realidade non é tan bonita como nola tratan de vender. A realidade é que de non acadar un acordo pactado cos propietarios, os promotores deste proxecto teñen o respaldo da Xunta e do Concello para expropiar e facerse cos terreos un precio irrisorio . Todo isto amparado por un suposto “interese social” no que único beneficiario claro sería a Sociedade Anónima Deportiva Real Club Celta de Vigo, que incrementaría o seu patrimonio a través da posterior recalificación destes mesmos terreos. Dende GañaMos vemos con preocupación esta estratexia de presión mediática que xoga co forte sentimento social do Celta para someter á opinión pública e aos propietarios, sen apenas máis información e con moitas dúbidas por resolver. Que hai detrás dun mega centro comercial e cidade deportiva que xa rexeitaron antes en Valadares, Candeán e Cabral? Que pasará coas Traidas de Auga que verán gravemente afectadas as súas captacións? O proxecto prevé a construcción dun deposito con capacidade para millóns de litros, que despois de ser cedido ao Concello pasará ao Consorcio de Augas do Louro, pero, quen pode garantír que poida dar servizo a todos os veciños? Que prezo terán que pagar nun futuro por esta agua? Por outra banda, sobran exemplos por todo o país de megaproxectos que quedan inacabados por diversas razóns. Onde están os prazos de execución e os compromisos de continuidade? Dubidamos de que este proxecto sexa beneficioso para as arcas municipais, xa que descoñecemos que tipo de exencións fiscais levan implícitas esas obras e licenzas. Ainda que este proxecto proporcionara un ingreso significativo para o Concello de Mos, vía impostos e taxas, non se pode permitir que se asoballen os dereitos das veciñas e veciños. Antes de tomar unha decisión, os veciños afectados teñen que estar debidamente informados e polo de agora, e co pouco que sabemos, o proxecto ten enormes carencias ou deficiencias que os propios promotores non acertan a aclarar. Por iso queremos deixar ben claro que estaremos ao carón dos veciños e as Comunidades de Montes que son os verdadeiros motores da vida social, cultural e incluso económica de Mós, para darlles o noso apoio ante esta ocupación “forzada” dos nosos montes e respetaremos sempre a decisión que tomen nas súas respectivas asembleas.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.