De novo o PP fai uns orzamentos irreais.
Outro ano máis o PP fai uns orzamentos alonxados da realidade buscando o titular de prensa. Uns ingresos inflados e uns gastos menores dos reais para poder anunciar unha inversión en gasto social que logo non é tal, xa que para poder cadrar os números teñen que recortala drásticamente. O mesmo de sempre, todo vale con tal de facer unha bonita foto e un titular.