A indiferencia do PP ante este drama humano.
Reunidos co comité sindical, escoitamos o drama human das e dos traballadores de Madeiras Iglesias, centos de familias da comarca que ven perigar a súa fonte de ingresos. Pero por moito que nos e En Marea apoiamos e defendemos ou seus intereses, o que realmente necesitan é un goberno na Xunta o que lle importe o sufrimento da xente, un goberno que actúe para arranxar os problemas e non un goberno instaurado permanentemente na desidia e na indiferencia. Á deixadez da conselleria se une as denuncias das e dos delegados sindicais sobre a trama organizada polo dono da empresa para descapitalizala a través dun trasvase de existencias a terceiras empresas. Unha historia que se repite recurrentemente, os traballadores abandoados a súa sorte ante o total desamparo das administarcións competentes e por culpa da lexislación vixente inermes ante os tejemanejes do propietario da empresa.