A ocultación permanente e deliberada do alcance do envelenamento
Os concelleiros de GañaMós xunto co voceiro de En Marea, Luis Villares e o tamén deputado nacional, Marcos Cal, recorrecon as zonas contaminadas por lindano de Mós e Porriño da mán Plataforma Antilindano da Louriña. Despois dos últimos informes aportados polo Ministerio de Medio Ambiente e pola Confederación Hidrográfica está claro que o goberno de Feijóo leva moitos anos sabendo que as veciñas e veciños de Mós estabamos tragando o veleno a cotio. Temos constancia dos analises feitos por estos organismos sobre a contaminación por linadano na comarca da Louriña a principios desta decada, os cales foron oficialmente comunicados á Xunta sen que esta actuase nin os fixera públicos. Uns informes que falan de augas e terras cun contido en lindano de máis de 200 veces o permitido. O sr. Feijóo e os gobernos municipais do Partido Popular minten descaradamente cando din que nunca ocultaron información e que descoñecian a existencia do veleno.
Pero o peor non é a ocultación permanente e deliberada do alcance do envelenamento senón as demostracións que estan facendo da pouca intención que teñen de abordar este problema coa consideración necesaria para acadar unha descontaminación real e integral. Mostra desta desidia e desinterese é a actidude negacionista do goberno municipal da sra. Arévalo proclamando a inexistencia de lindano en Mós ou as declaracións do sr. Feijóo decindo que este desastre sanitario é cousa do Concello de Porriño e non ten nada que ver coa Conselleria de Sanidade.
Facemos un chamamento para que todas as forzas políticas e todas as administarcións arrimen o hombreiro e colaboren para rematar con esta herdanza envelenada.