O goberno do sr. Feijóo leva anos ocultando información sobre a contaminación.
Hai informes oficiais que falan de augas e terras cun contido en lindano de máis de 200 veces o permitido. O sr. Feijóo e os gobernos municipais do Partido Popular minten a sabendas cando din que nunca ocultaron información e que descoñecían a existencia do veleno. Pero o peor non é a ocultación permanente e deliberada do alcance do envelenamento senón as demostracións que estan facendo da pouca intención que teñen de abordar este problema coa consideración necesaria para acadar unha descontaminación real e integral. Mostra desta desidia e desinterese son as declaracións do goberno municipal da sra. Arévalo proclamando a inexistencia de lindano en Mós ou cando o sr. Feijóo di que arranxa este desastre sanitario é cousa doutros
Facemos un chamamento para que todas as forzas políticas e todas as administracións arrimen o hombreiro e colaboren para rematar con esta herdanza envelenada.