Solicitamos unha mesa informativa sobre a operación urbanística do Celta.
No pasado pleno propuxemos a creación dunha mesa informativa sobre a operación urbanística que propón o dono do Celta nos montes de Tameiga e Pereiras. Unha mesa onde participaran os representantes políticos, técnicos e sobre todo as comunidades de Montes, as comunidades de Augas e calquera colectivo afectado xa que as queixas pola falta de informacion e documentación facilitada polo concello son compartidas por todas estas asociacións. Por desgraza o PP negouse a constituír dita mesa, descoñecemos se é porque queren ocultar a información de que dispoñen o cal está deixando indefensos aos veciños ou se é porque non teñen ningunha información máis e están arrastrandonos a cegas a un Macro Proxecto que vai mudar a faciana de Mós e trastocar a vida de moitos veciños. Moito nos tememos que está operación urbanística non é polo interese dos mosenses senón un trampolín político para a sra Arévalo a quen hai tempo que se lle queda pequeno o noso concello.