O IGAPE ten que actuar e axudar aos traballadores de Maderas Iglesias
Solicitamoslle á Xunta que non deixe desamparadas ás familias das traballadoras e traballadores de Maderas Iglesias. Que activen todos os mecanismos dos que dispoñen para reflotar esta empresa e evitar máis perdeda de postos de traballo e rematar así co drama humano que isto conleva. Só é cuestión de vontade poítica que o IGAPE actúe.