Cara á folga feminista do 8 de marzo.
Este 8 de marzo imos todas á folga xeral, todas porque esta folga non apela só as traballadoras senón a todas as mulleres que fan un día trás outro que o mundo se mova, que a sociedade avance.
A folga será extensible a tódolos espazos da vida, non só o laboral. Nos traballos non remunerados como os coidados, labores domésticas, o consumo, a vida estudantil,… mobilizarémonos tamén para demostrar que sen nós non se produce e que sen nós, non se reproduce.
Estamos fartas de vivir con temor a ser acosadas, fartas de sufrir a cotío a violencia, fartas de non poder ser donas dos nosos propios corpos e da nosa vida.
As mulleres de todo o mundo imos defender os nosos dereitos, defender que a xustiza social sexa a premisa nun novo orden mundial. Imos defender un mundo no que no haxa discriminación laboral nin fenda salarial, no que a precariedade só sexa unha palabra en desuso.
Un mundo sen fronteiras que imposibiliten exercer a liberdade de movemento. Un mundo onde as mulleres rurais non sexan as eternas esquecidas e no que se valoren e compartan os traballos domésticos e de coidados.
As mulleres reclamamos igualdade de dereitos e oportunidades porque sen nós os recortes en sanidade, servizos sociais, educación, dependencia, … serían un drama humano insoportable.
Porque sen nós a historia da civilización estaría escrita só con sangue. Sen nós está sociedade non sería máis que mugre. Só o movemento feminista é quen de sacar a nosa civilización da voráxine autodestructiva actual.
Este 8 de marzo paremos o mundo para que se dean conta