Longa marcha das/os traballadoras/es de Maderas Iglesias.
A perseveranza das traballadoras e traballadores de Maderas Iglesias, a súa constancia nas mobilizacións e a súa agónica loita sempre respaldada polas centrais sindicais fixo que toda a comarca envorcásese e solidarizáse coas súas revindicacións. Alcaldesas, alcades e concelleiras/os de todas as cores políticas unísonas ao clamor para que a Xunta actúe. A alcaldesa de Mós do PP, nutrida representación do BNG cos alcaldes de Ponteareas e das Neves máis concelleiros de Porriño, concelleiras do PSdeG e nós ademáis de integrantes da asemblea estivemos representados polos nosos concelleiros Miguel e Aurora, polo deputado de En Marea Marcos Cal e o compañeiro Marcos Besada alcalde de Salceda de Caselas.