Moción para que a Xunte actúe en Transportes Souto.

Posted on

Transportes Souto, unha das principais redes de paquetería industrial da Península Ibérica, solicitou a entrada en preconcurso de acredores o día 16 do presente mes. A empresa, con sede en Mos, suma 40 delegacións na Península e Baleares e 650 traballadores e traballadoras ao seu cargo, máis os autónomos e as empresas auxiliares subcontratadas, que fan un total de 1.500 traballadores e traballadoras. O preconcurso foi solicitado despois de que Abanca rexeitase a renovación das pólizas de crédito da empresa.

O ano pasado Transportes Souto recibiu o apoio da Xunta a través de Xesgalicia, que avalou o seu plan de negocio para o período 2017-2022. Foi grazas ao apoio do goberno autonómico que a empresa logrou refinanciar a súa débeda cun crédito de 2 millóns de euros.

Como compensación pola axuda, Xesgalicia e Abanca impuxeron a Transportes Souto unha serie de obrigas que foron sistematicamente incumpridas. A compañía comprometeuse a desenvolver un plan de desinversións para mellorar a súa liquidez, a simplificar a súa estrutura e a que os seus socios e socias fixeran unha aportación de fondos que engrosase a nova financiación bancaria, pero faltou a súa palabra, en gran medida porque Xunta non fiscalizou como debera.

Transportes Souto nin sequera foi quen de presentar un plan de negocio convincente, algo estraño tendo en conta que se trata dunha empresa con medios suficiente para cumprir os seus compromisos. Teñamos en conta que se trata dunha compañía que opera con 356 vehículos de ruta e 725 unidade de reparto, e que ten a súa disposición 120.000 m2 de instalacións en España e Portugal. Iso por non mencionar que o Grupo PSA é un dos seus principais clientes.

Así as cousas, a dirección comunicou xa a súa intención de conceder vacacións aos traballadores e traballadoras mentres negocia un ERE co obxectivo de evitar a suspensión de pagos. Ten catro meses por diante para logralo.

Os traballadores e traballadoras fai tempo que temían algo semellante, xa que en decembro non lles foron pagadas nin a mensualidade nin a extra. Ante esta dura situación, confían en que, polo menos, os empregos perdidos sexan subrogados noutras compañías do sector.

Cómpre actuar de inmediato para protexer ás persoas que afrontan o risco do desemprego e para evitar que a compañía aproveite o rebumbio para levar a cabo un alzamento de bens, tal e como vén de denunciar CCOO.

Por todo o dito, solicitamos que o Concello de Mós inste a Xunta de Galicia a adoptar as medidas que sexan precisas para evitar o peche de Transportes Souto e manter os empregos dos seus traballadores e traballadoras.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.