Moción para que o Concello inste a Fomento a dar un acceso directo a Monte Faquiña coa AP-9 e aliviar así os nucleos residenciais de tráfico rodado.

Posted on

É un despróposito que a día de hoxe e en pleno século XXI ó tráfico rodado de vehículos pesados atravese os centros urbános residenciais mosenses de Puxeiros e Peinador, para acceder o polígono industrial de Monte Faquiña. Este despropósito deriva nun clamor veciñal que solicita unha urxente solución.

É evidente o continuo e insoportable tránsito de vehículos de alto tonelaxe que atravesan estes dous centros urbáns residenciais a calquera hora do día e da noite, cas notables incomodidades, sufrimentos e danos que supoñen para os/as veciños/as que residen na contorna, ademáis de para a súas propiedades. O ruído (incluso nocturno), a contaminación atmosférica e acústica, o estrés que provoca nas persoas, os problemas de inseguridade víal, ademáis do caos circulatorio, son algúns dos mútiples problemas cos que os veciños e veciñas, que residen nestas dúas zonas urbanas, teñen que convivir a diario.

O máis abraiante e que nestas núcleos urbanos residenciais existen dende hai anos sináis de tráfico, perfectamente visibles para os conductores, que lles impiden a estes vehículos circular. Nembargantes, non se respetan e o tráfico pesado continúa invadindo diariamente estes espazos urbanos, básicamente porque non teñen outra alternativa viaria pola cal acceder as naves industriais situadas en Monte Faquiña.

Se ben non se aproveitou a aportunidade de proxectar no PXOM, recentemente aprobado en Mos, unha vía alternativa de paso (a pesar de ser demandada polo noso grupo político), coa que dar entrada e saída a este trafico, sen ter que atravesar estas dúas zonas residenciais, esta situación non se pode demorar máis, polo que se debe instar ó Ministerio de Fomento a creación dun enlace directo que una a autoestrada A-P9 e a estrada provincial EP-2603 (Puxeiros-Peinador), co fin de dar una solución técnica definitiva e alternativa a esta anómala e perxudicial situación viaria, que permita unha óptima distribución e evacuación do tráfico pesado.

Por isto, solicitamos que o Concello de Mós inste ao Ministerio de Fomento para a creación  urxente dun enlace directo que una a autoestrada A-P 9 e a estrada provincial EP-2603 (Puxeiros-Peinador), co fin de dar una solución técnica alternativa e definitiva a caótica situación do tráfico pesado que circula polos centros urbáns residenciais de Puxeiros e Peinador con destino a zona industrial de Monte Faquiña.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.