As promesas do PP caducan enseguida.
Danos medo ver todas estas maniobras do PP para poder pagar o gasto corrente,trememos cada vez que vemos como a proveedores habituais non se lles paga ni en tempo nin en forma. Non queremos nin pensar no buraco negro en que a nefasta xestión do PP converteu as arcas do noso concello. Só ver que todas estas facturas nin sequera se agrupan organizadamente nun único expediente de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito evidencia ainda máis o despropósito e o caos ao que nos levaron.