A Tesoureira insta a Arévalo a rectificar a súa xestión económica.
A Tesoureira insta a Arévalo a rectificar a súa xestión económica e advirtelle que esta poñendo en grave risco o pago de salarios dos traballadores municipais a amortización da débeda.
No informe expedido pola Tesoureira municipal de Mós, esta advirte á Alcaldia que de manter a mesma xestión económica co mesmo ritmo de gasto estáse comprometendo seriamente o pago dos salarios da plantilla municipal e a amortización da débeda bancaria a corto prazo. Esta advertencia instando a modificar a nefasta xestión económica cobra máis gravidade se temos en conta que esta feita xa no primer trimestre do ano.
Ademais en dito informe sinala que aínda restan sobre 400.000€ en facturas de 2017 sen abonar. Según esto, sumado este importe aos 3 expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito deste ano, se acumularian cerca de 1,2 millóns de euros en facturas sen pagar do ano 2017.
Cando a finais do 2017 o PP aprobou os Orzamentos de 2018 xa advertimos que non se estaban contemplando os preto de 1,2 millóns de facturas sen pagar do ano 2017 e que a meirande parte deles non se ía cubrir coa recadación do propio exercicio . Como resposta tildáronnos de alarmista e ate de mentireiros. A día de hoxe queda claro quen mentia. Ademais non son facturas de gastos sobrevenidos, atípicos ou inesperados os que compoñen o groso do importe destos expedientes estraxudiciais senón gastos ordinarios como o subministro de luz, auga ou telefonía.
Esta claro que os Orzamentos de 2018 quedaron obsoletos e xa no primeiro trimestre do exercicio. Porque si xa os convertía en papel mollado asumir como mínimo máis de 0,7 millóns máis de gasto, ademais hai que lembrar que o goberno municipal confeccionou ditos orzamento desoindo os reparos e advertencias da Interventora recriminandolles que se estaban inflando notoriamente as previsións de ingresos por recadación de tributos.
O máis grave de toda este desastre económico non é que o Partido Popular, coa señora Arévalo ao frente, minta e engane a veciñanza de Mós, non é a impunidade coa que actuan. O máis grave é que esto vai ter consecuencias graves para as veciñas e veciños de Mós porque se algo aprendimos da crise é que se deixamos que alguén xogue coa economía de todos logo o pagamos, ben porque nos suben os impostos ou ben porque nos recortan as prestacións.