Solicitamos ao PP que non xogue máis ca auga das familias.
Cristóbal #Puxeiros, [17.04.18 16:37]
No informe de avaliación ambiental para a modificacion puntual do PXOM, para a delimitación dun sector de solo urbanizable de usos dotacionais e terciarios se di que o subministro de auga está garantido porque existe un convenio de abastacemento de auga entre Vigo e Mos. En dito convenio, exclusivamente, basean non só o abastecemento de auga ao Macro Centro Comercial senón ademais a solución para garantir o subministro ás Traidas Comunais de Augas que vexan afectadas as súas captacións.
Pero resulta que o informe de Aqualia adxunto as alegacións de Vigo determina que non existe ningún acordo ou convenio que garanta o abastecemento de auga á Mós dende a rede de Vigo. Ademais no informe de Aqualia se descartan por imposibilidades técnicas una trás outra todas as variantes de abastecemento nas que se amparaba o informe para a MP do PXOM de Mós. Ante esta situación perde totalmente a súa validez a avaliación ambiental para a modificacion puntual do PXOM.
Entendemos que é unha autentica insensatez que o PP se empecine neste proxecto sen ter garantido o auga ás comuneiros e comuneiras que sen dúbida verán en maior ou menor medida afectadas as captacións ante una obra desta envergadura.
Por iso, solicitamos ao PP que non xogue máis ca auga das familias e suspenda este proxecto ata que poda garantir con total certeza o seu subministro.