Senda Fluvial río Louro: atropelo e desinformación.
Atropelo e desinformación son a marca PP para facer as cousas sen ter en conta os intereses das e dos veciños. Os primeiros en estar a favor de darlle continuidade a senda fluvial do río Louro pero rexeitamos as formas coas que o PP tratou aos veciños e veciñas. Por culpa destas formas non hai actuación que non sexa mediante Expropiación Forzosa: saneamento Tameiga, senda peonil Torroso, senda fluvial Louro, …