Moción para frear a burla de Fomento ás e ós mosenses.

Posted on Actualizado enn

Non nos fiamos de que realmente se retomaran as obras. Que confianza pode haber na palabra de Fomento cando a mesma sra. Arévalo dixo en sesión plenaria que ela xa non se fiaba do que anunciaba Fomento que a ela, sendo do mesmo partido político que goberna e manda no Ministerio, fora enganada repetidas veces.

Non nos fiamos cando a todas luces mandaron unhas máquinas á obra para facer o paripé movendo terras de aquí para alá para calar as protestas e desarticular as mobilizacións, pero sen informar ao Concello de Mos da data de remate

Todas e todos decatámonos de como a mobilización conxunta de veciñanza e partidos políticos esixindo responsabilidades fixeron que alomenos Fomento tivera que responder ubicando algunha maquina nas obras.

A esta alturas é totalmente innecesaria unha exposición de motivos pola que razoar a necesidade de que todos os partidos da corporación mandemos un mensaxe alto e claro ao Ministerio de Fomento. Non podemos permitir que se sigan burlando do pobo de Mos.

Non podemos cruzarnos de brazos cos precedentes de reiterados incumprimentos, por iso solicitamos aos partidos políticos con representación no Concello aproben os seguintes puntos:

  • Solicitar ao Ministerio de Fomento un compromiso claro de inicio e sobre todo de remate das obras e un informe da programación das actuacións que garanta dito compromiso.
  • Solicitar ao Ministerio de Fomento explicacións someras e detalladas do Modificado de Obra polo que según eles estiveron as obras paralizadas todo este tempo.
  • Instar ao Ministerio de Fomento a cumprir a lei e consignar nos vindeiros Orzamentos do Estado una partida para acometer a reforma do enlace da saída da AP-9 e entradas da A-55 en Puxeiros. Remodelación aprobada no Congreso dos Deputados en 2017.
  • Instar ao Ministerio de Fomento a cumprir a lei e consignar nos vindeiros Orzamentos do Estado una partida para acometer a liberación dos peaxes do tramo Vigo – Porriño da autoestrada AP-9. Esta liberación que aliviaría notablemente a densidade de tráfico da A-55 tamén foi aprobada no Congreso dos Deputados en 2017.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.