Solucións para a Autovía A-55.

Posted on

Fomento anunciou na prensa que retomaba as obras de remodelación dos accesos da A55 pero non se comprometeu claramente cunha data de remate,  non informou ao concello do novo plan de obra nin dos detalles do Modificado de Obra realizado. Nin sequera atendeu a petición do Goberno Municipal dunha reunión con eles.

Confiamos que co cambio de Goberno Central remate a intolerable burla de Fomento a Mos. Agardamos que o novo responsable de Fomento se comprometa para solucionar o desastre da A55.

Solucionar a A55 non se trata só de rematar as obras en curso xa que estas non arranxan o sinuoso trazado nin alivian a densidade de tráfico, estas obras só melloran os accesos.

Son varias as actuacións que o novo Goberno pode acometer posto que están xa aprobadas no Congreso dos Deputados a iniciativa nosa a través de En Marea e que tamén contaron co apoio do partido que agora ostenta o Goberno. Actuacións que xa podían estar realizándose se non fora porque foron obstaculizadas polo Partido Popular mentres gobernou.

Aínda que calquera goberno entrante merece un tempo de cortesía neste asunto Mos non pode agardar. Por iso,  facemos un chamamento ao resto das forzas políticas para que cunha soa voz emplacemos ao novo responsable de Fomento a unha reunión na que lle acheguemos a realidade da autovía A55 e establecer un calendario para as actuacións aprobadas.

Por iso solicitamos que o Concello de Mos aprobe os seguinte puntos:

 

  • Solicitar ao Ministerio de Fomento un compromiso claro de inicio e sobre todo de remate das obras e un informe da programación das actuacións que garanta dito compromiso.
  • Solicitar ao Ministerio de Fomento explicacións detalladas do Modificado de Obra polo que según eles estiveron as obras paralizadas todo este tempo. Comprobar que este recolle as alegacións presentadas polo Concello de Mos e de non ser así esixir que sexan incluidas.
  • Instar ao Ministerio de Fomento a cumprir a lei e consignar nos vindeiros Orzamentos do Estado una partida para acometer a reforma do enlace da saída da AP-9 e entradas da A-55 en Puxeiros. Remodelación aprobada no Congreso dos Deputados en 2017.
  • Instar ao Ministerio de Fomento a cumprir a lei e consignar nos vindeiros Orzamentos do Estado una partida para acometer a liberación dos peaxes do tramo Vigo – Porriño da autoestrada AP-9. Esta liberación que aliviaría notablemente a densidade de tráfico da A-55 tamén foi aprobada no Congreso dos Deputados en 2017.

Ademais é imprescindible acometer a redución da altísimo contaminación acústica instalando paneis insonorizadores ao borde da calzada da autovía ao seu paso polas zonas residenciais de Mos. Esta é outra demanda que debemos trasladar ao novo responsable de Fomento xunto coas anteriores.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .