Incumprimento da Lei de Supresión de Barreiras Arquitectónicas
Calquera Concello que teña un minimo de sensibilidade cas veciñas e veciños discapacitados pon todos os medios o seu alcance para a supresión das barreiras arquitectónicas. Calquera Concello menos o de Mos. Baixo o mandato de Nidia Arevalo non se fixo nada para conseguir unha mobilidade igualitaria para estas persoas. O que si fixeron foi recortar a partida presupostaria deixandoa en tan so 9.000 €. Pouco queda das promesas que fixeron o ano pasado ás asociacións de persoas discapacitadas.