Xa está ben!

Posted on Actualizado enn

Cristóbal López Pazo

Membro de GañaMós Asemblea Veciñal

Se Arévalo e o mandatario do Celta puxeron as mans sobre os ollos para non ver as veciñas e veciños afectados polo seu proxecto dun Macro Centro Comercial, agora levan as mans ás súas orellas para non escoitar o NON rotundo e unánime das comuneiras e comuneiros dos Montes de Tameiga a vender o monte.

Intentan manter a normalidade como se a viabilidade do proxecto non estivera comprometida. Todas sabemos que a única solución de continuidade para a construción do Macro Centro Comercial é que o Goberno Municipal leve a cabo unha expropiación á forza dos terreos da Comunidade de Montes de Tameiga. Pero cando lle preguntamos ós representantes do Partido Popular se van a pasar coas excavadoras por riba da veciñanza contéstannos con evasivas e subterfuxios. Parece que as súas mans están agora diante das súas bocas para non contarnos a verdade dos seus propósitos.

Se van a realizar unha expropiación forzosa, que llo digan a veciñanza xa, non o agochen máis. E se non o van a facer, entón, por favor, xa esta ben! Que lle digan dunha vez ao mandatario do Celta que deixe de angustiar as comuneiros e comuneiras tanto de Montes de Tameiga como de case  todas as Traídas de Augas comunais.

Compre lembrar que a maioría das Comunidades de Augas tamén dixeron un NON rotundo á construción do Macro Centro Comercial. Unhas Comunidades de Augas que nunca foron escoitadas e sempre tratadas con desdén polo Goberno Municipal do PP.

Un NON rotundo que intentou evitar o Partido Popular difundindo o falso e malintencionado rumor de que a Comunidade de Montes de Tameiga tiña pechado un acordo segredo co Celta. Por moito que o intentara o Partido Popular non foi capaz de reventar a unidade de centos e centos de veciños e veciñas de Mos que compoñen a Comisión de Afectados e Afectadas, non foi capaz de impedir que a veciñanza se organizara para rexeitar este “pelotazo urbanístico”. A veciñanza foi máis forte. Saudamos e apoiamos a dita Comisión de Afectados e Afectadas e poremos todo o noso empeño para que a avaricia e a ambición da Sra. Arévalo e do Sr. Mouriño non se convertan en excavadoras que pisoteen os dereitos da veciñanza.

O último golpe de efecto para confundir á xente foi contratar a un caro bufete de avogados de Madrid para que nos venga a decir aos galegos e galegas que é o monte veciñal de mancomún e que son as comunidades de traidas de auga. Un avogado “independente” que ven no coche do Celta pero que a súa minuta vai a cargo do peto das veciñas e veciños de Mos. Un avogado pagado para decir o que non se atreve a decir Arévalo e compañia. Un avogado pagado para intentar xustificar legalmente a expropiación á forza do ben común.

Ante tanto trexe manexe do Partido Popular e o mandatario do Celta, nós levamos as mans á cara, concretamente para tapar o nariz. Porque canto máis tempo pasa, máis pestilente é o fedor cun Partido Popular usando todos os resortes do goberno municipal para presionar ás Xuntas Directivas das Traídas de Augas para que firmen o que lles poña diante o mandatario do Celta. Queren torcerlle o brazo ás comuneiras e comuneiros cando o mandatario do Celta non é propietario dos terreos e non ten ningún proxecto definido para ese Macro Centro Comercial que queren facer nos Montes de Tameiga. O único que ten o mandatario do Celta é un cheque en branco asinado por Arévalo para especular co ben común, co ben de todas e todos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .