A incapacidade manifesta do PP para xestionar ben

Posted on Actualizado enn

Roberto  Rodríguez

Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

Cada vez que queda ao descuberto a xestión do Goberno de Arévalo, tamén queda manifesta a súa incapacidade para facer as cousas medianamente ben. Un claro exemplo disto é a forma na que o Concello xestionaba os alugueres das naves industriais situadas nos polígonos de Monte Faquiña.

Unha vez que o Concello perde a titularidade destes inmobles, e a xestión dos alugueres pasa a outras mans máis transparentes, podemos decatarnos do despropósito e da nefasta xestión, que xa non sabemos si é debida a incapacidade ou mesmo a desidia e desgana dun Partido Popular que, en vez de gobernar, vai arrastrando os pés.

Neste despropósito atopámonos con Empresas que estaban pagando un aluguer irrisorio porque o Goberno non foi quen de actualizalo; outras que estaban subarrendando ilegalmente e sacando un beneficio económico en detrimento do Concello; e moitas que non cumpren cos pregos de contratación polos que foron adxudicatarias das parcelas ou das naves industriais. Todo isto, obviamente, suma unha morea de cartos que ano tras ano o Concello de Mos deixou de ingresar.

Nos atopamos cunha xestión chea de irregularidades, algunhas tan graves como modificar o réxime dos contratos sen que estes chegasen ó seu vencemento e sen sacalos a nova licitación pública. Durante todos estos anos nin tan siquera se molestaron en actualizar os alugueres según o IPC. Non en van, a colocación é a pedra angular da súa rede clientelar.

Perdéronse para as arcas municipais os ingresos dos alugueres das naves dos polígonos de Monte Faquiña, pero alomenos seguen redundando na veciñanza. Nembargantes, no caso do Polígono do Rebullón, debido a desastrosa xestión do Plan Xeral Municipal de Mos (PXOM) e a deixadez do Goberno Municipal, boa parte deste polígono se atopa nestes intres dentro dos lindes do concello de Vigo (co que hai que acordar o deslinde de ambos municipios), polo que actualmente se atopa comprometida a recadación dos impostos e taxas que deben pagar as empresas que se atopan nese emprazamento.  

Ademáis da posilibidade real e certa de enfrentarnos a unhas demandas millonarias por parte dos propietarios das naves afectadas o pasar de estar en solo urbano industrial en Mos a solo rústico de protección forestal en Vigo, cas consecuencias de non poder solicitar novas licencias de actividade para as súas naves, ou cambiar as xa obtidas, ademais da imposibilidade de obter novas licencias de obra que superen a mera rehabilitación ou reforma.

Seguimos o rastro da mala xestión do Goberno de Arévalo e chegamos ao Polígono da Veigadaña. O polígono estrela de Mós segue semibaleiro despois de tantos anos, un polígono feito coa intención de atraer a industria e aliviar a contaminación industrial nas zonas residenciais, e que non cumpriu a súa función. Arévalo ben podería ofrecerlle o que resta deste polígono o Sr. Mouriño para o seu proxecto, claro que neste terreo o da recalificación e pelotazo económico xa non sería posible.

Este polígono segue semibaleiro, aínda que a Xunta de Galicia bonifique o prezo dos terreos e o Concello de Mos faga exencións nos impostos, porque como sociedade cos Gobernos do Partido Popular deixamos de investir en mellorar as infraestruturas,  as comunicacións, a investigación e desarrollo e o peor de todo deixamos de investir en formar profesionalmente aos traballadores e traballadoras, deixando que a precariedade o invada todo.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.