Outra promesa incumprida do PP. Cantas van?

Posted on Actualizado enn

Aurora Giráldez Leiros

Concelleira de GañaMós Asemblea Veciñal

No último pleno preguntámoslle ao Partido Popular que fixeron ou que van facer para cumprir a lei de eliminación de barreiras arquitectónicas nos municipios,  xa que ademais eles mesmos se comprometeron o ano pasado coas asociacións de discapacitadas/os, en acometer as adecuacións necesarias nos edificios e accesos municipais.

Temos que resaltar que a cantidade consignada nos orzamentos era realmente irrisoria, só 20.000 euros. E cando xa rematou o prazo que daba a lei para realizar estas obras, nos últimos sete anos, o goberno de Mos, non fixo absolutamente nada.

No pleno non atinaron a detallar ningunha actuación nin feita nin por facer para eliminar as barreiras arquitectónicas nas dependencias municipais. Tampouco quixeron respondernos cando lles dixemos que nas últimas Resolucións  de Alcaldía quitáronnlle 11.000 euros de fondos a partida que figuraba no orzamento 2018 para Barreiras Arquitectónicas. Recordamos que se a partida inicial de 20.000 € xa era irrisoria, agora o sacarlle estes 11.000 €, quedamos con 9.000 €. Imposible así conseguir unha mobilidade igualitaria para todas as persoas.

Esta claro que unha vez máis o goberno do PP se xuntou coas asociacións soamente para conseguir a foto, facendo un titular de prensa e un pé de foto que remata outra vez nunha falsa promesa. Cantas van xa? Nós hai tempoque perdemos a conta.

Desta vez tocoulle a esta partida ser baleirada, con todo o que supón que o goberno da Sra. Arévalo deixe totalmente desamparadas as persoas mais necesitadas, pero todos os meses atopámonos con resolucións da alcaldesa traspasando partidas orzamentarias para tapar os buracos da súa nefasta xestión económica. En vez de plantexar un Plan de Axuste Económico serio para  rematar este ano sen incrementar máis a débeda, o Goberno Municipal improvisa mes a mes movendo as partidas dun lado a outro, sen ningún sentido, e con toda a súa incapacidade.

Se a Sra. Arévalo e o seu goberno non rectifican vaise cumprir o que anunciou a Tesoureira Municipal, e, como xa dixemos noutras ocasións, remataremos o ano cun Concello acosado polos acredores e con moitas dificultades para pagar a amortización da débeda bancaria e as nóminas das e dos traballadores municipais.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.