Valoración do curso político
Román González
Membro de GañaMós Asemblea Veciñal
Estamos chegando xa o mes de Agosto, mes no que historicamente a xente colle as súas vacacións, unhas vacacións que na maioría dos casos son ben merecidas. Pero noutros, como no caso de PP de Mos, levan todas suspensas para Setembro.
Como decía anteriormente, ao chegar a este mes, facemos balance do curso político, algo necesario se queremos seguir progresando. Dentro dese resumo, tamén facemos a necesaria autocrítica, algo indispensable para poder medrar como grupo, e así poder ofrecerlle as veciñas e veciños unha alternativa real ao Partido Popular no noso concello.
Se facemos balance deste último curso, non vexo un goberno capaz de solucionar os problemas municipais, senón máis ben de todo o contrario. A nivel de xestión económica, estamos fartos de repetir unha e outra vez a nefasta xestión que está a levar a cabo Arévalo. Quen está aumentando mes tras mes a débeda municipal e mostrando a súa incapacidade, sen ser quen de presentar e aplicar un plan de axuste municipal, para polo menos garantir o pago das nóminas das traballadoras e traballadores municipais, asi como tamén o pago dos gastos correntes do propio concello, como a luz, a auga, etc. Todo isto xa o dixemos en reiteradas ocasións e está reflictido nos informes oficiais de tesourería e intervención.
Ademais o PP non quixo nin quere facer un plan municipal de prevención de incendios, amosando o pouco que lle importa a seguridade veciñal.
No asunto do Polígono do Rebullón segue amosando a súa neglixencia e incapacidade, onde pola súa avaricia, agora o concello de Mos ten que pelexar con Vigo un deslinde que case con toda probabilidade rematará co concello de Mos pagando unhas indemnizacións millonarias ao propio concello de Vigo, facendo así máis grande o buraco nas nosas xa valeiras arcas municipais.
O dialogo e a boa mediación, tampouco forman parte do dicionario do PP de Arévalo, e así quedou patente en multitude de ocasións, nas que as artimañas do PP o único que conseguiron foi levar a enfrentamentos aos propios veciños, e a única forma que entenden é a expropiación forzosa. Temos un claro exemplo na ampliación da senda do Rio Louro, onde lonxe de chegar a acordos cas veciñas e veciños, aplica a mencionada expropiación forzosa.
Outro claro exemplo da sua codícia e incapacidade é o asunto do macrocentro comercial que Mouriño quere construir nos montes de Tameiga. É inaudito e preocupante, que Nidia Arévalo queira regalarlle uns terreos que non son de propiedade municipal para tal fin, pasando por riba dos propietarios e propietarias co que sexa preciso, mentindo, enganando e confrontando dunha maneira vil e sen escrúpulos co único propósito de enriquecer a un par de millonarios, e quen sabe se a ela mesma.
Todo isto quere dicir que Nidia Arévalo está a favor da especulación e da opresión, algo que nós xamais toleraremos nin aceptaremos. Esa vella política xa non ten cabida no noso concello.
Contra todo isto, dende GañaMós estamos máis que reforzados de cara o novo curso político que como todas e todos sabemos estará condicionado polas vindeiras eleccións municipais. Unhas elección nas que GañaMós e a parte que me toca dentro do grupo estaremos con moito máis que a ilusión do ano 2015, imos estar coa experiencia adquirida nesta lexislatura, que vos podo asegurar que aprendemos a marchas forzadas. Imos estar, sendo coñecedores das artimañas do Partido Popular, e convencidos do que hai que mudar para que este Concello avance cara un futuro máis sostible, e cun futuro cheo de esperanza.
Todos os problemas internos que tivemos, non fixeron máis que fortalecernos- Axudáronnos a aprender dos erros e a centrarnos no que realmente nos une que son os problemas municipais que repercuten directamente nas veciñas e veciños de Mos. Sabemos cal é o noso camiño, sabemos cal é a nosa esencia, e sabemos tamén porqué estamos na política municipal, e non é máis que por amor ao noso Concello e as súas xentes.
Temos dentro do noso patrimonio, un potencial inmenso e incrible que non está sendo aproveitado. Con todo o noso potencial, sabemos e estamos convencidos de que Mos tería que estar holgadamente dentro da lista dos mellores concellos da provincia e lamentablemente agora mesmo estamos a cola dos mesmos. Por iso, a volta das vacación miraredes un GañaMós renovado, forte e sólido, cunhas propostas axeitadas e merecedoras do noso concello. Unhas propostas que estamos convencidos de que, entre todas e todos, conseguiremos darlle a volta a esta situación de desidia na que estamos inmersos e conseguiremos sacar dunha vez ao goberno de Nidia Arévalo da nosa institución. A parte que a min me toca dentro deste grupo, será cada vez máis forte e máis sólida, aportando o sentido común necesario para conseguir o obxetivo común, porque eu non podo quedar indiferente ante este despropósito e ante estes ataques aos que nos somete o goberno de Arévalo, entre todas e todos, poñeremos fin a esta situación de precariedade na que Nidia Arévalo nos ten metidos