Xestión económica improvisada a salto de mata

Posted on Actualizado enn

Miguel A. Rodríguez Alonso

Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

O Goberno Municipal do Partido Popular marchará de vacacións sen ter feito o imprescindible Plan de Axuste Económico que garanta que este ano non rematemos na bancarrota. Mes tras mes improvisan a base de transferir partidas de gasto a salto de mata deixando os orzamentos de 2018 nun sinsentido e coma un queixo gruyere. Incluso, o orzamento de 2019 xa se atopa comprometido con gastos impagados do 2017.

Mes a mes van contentando a base de Expedientes de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito aos provedores que ameazan con cortar a subministración ou con presentar demanda no xulgado polos impagados do Concello de Mos.

Este mes agasállannos cun novo expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito (o nº 74/2018 por importe de 135.252,73 €). Agora nin tan sequera os someten a aprobación polo Pleno Municipal. Buscaron o resquicio legal para aprobalos na oscuridade das súas Xuntas de Goberno, co fin de evitar o debate político e público e onde non temos presencia os concelleiros da oposición.

Mes tras mes desatenden as advertencias da Interventora e da Tesoureira que alertan da gravidade da situación.

Esta claro que o Plan de Axuste Económico imposto ao Concello de Mos polo Ministerio de Facenda é xa insuficiente, despois de anos de nefasta xestión económica do goberno do Partido Popular, onde a débeda ós provedores está descontrolada.

Non podemos estar permanentemente nas mans da improvisación da Sra. Arévalo e compañía. Necesitamos unha xestión económica seria. Se o Goberno do PP segue sen realizar un novo Plan de Axuste se cumprirá o que xa alertou a Tesoureira Municipal: que o Concello de Mos chegara a non poder pagar as nóminas dos traballadores e traballadoras municipais a finais de ano, así como a amortización da débeda bancaria.

De seguir esta nefasta xestión, o desastroso resultado do ano pasado vai parecer cousa menor ante o que se nos pode vir enriba. Remataremos o ano cunha débeda a provedores que vai ser unha verdadeira lousa para o futuro das veciñas e veciños de Mos. Ten que haber alguén no Goberno Municipal que poña algo de sensatez; que faga caso das reiteradas advertencias da Tesoureira e Interventora municipais e corrixa o rumbo desta nefasta xestión económica.

Dende GañaMós facemos un chamamento ao Partido Popular: Por favor, un pouco de responsabilidade!. Fagan xa un novo plan de axuste e non arruinen máis o noso Concello!.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.