O PP non quere falar do seu pelotazo urbanístico
Ponse moi, pero que moi nervioso, o Partido Popular cando falamos no Pleno do seu proxecto de pelotazo urbanístico nos montes de Tameiga. Fracasaron as súas manipulacións para enfrentar aos comuneiros e comuneiras, fracasaron as súas artimañas para intoxicar con bulos e mentiras á veciñanza. Arévalo pode quitarnos o uso da palabra no Pleno pero cada vez queda máis claro que o proxecto do Macro Centro Comercial é unha obsesión súa só respaldada polos seus acólitos e non polas veciñas e veciños de Mos.