AS NOSAS RAICES, A NOSA CULTURA

Posted on Actualizado enn

Román González | Membro de GañaMós Asemblea Veciñal

 

Hai uns días tiven a oportunidade de vivir unha das experiencias máis satisfáctorias, a nivel cultural, da miña vida.
Este ano, no mes de setembro, cumpro trinta e sete anos enriba dos escearios. Si, aínda ben non sabia camiñar e xa andaba a brincar na “casa do Seijo” en Pereiras formando parte do que hoxe é a miña segunda casa, o Grupo Folclórico Nosa Terra.
Nestes trinta e sete anos, pasei por escearios de toda índole, desde a festa máis humilde ata o esceario máis espectacular, desde bailar diante de trinta persoas ata facelo diante de vinte mil. O que máis me satisface de todas estas experiencias é que, pola parte que a min que a min me toca, sempre o fixen ca mesma ilusión ca mesma forza e co mesmo orgullo en todas elas. Sempre mostrándo as nosas raices e a nosa cultura cun sorriso de satisfacción, cun sorriso que sempre reflicte a ledicia de ter o privilexio de poder amosar ao resto do mundo todo o que a cultura de Mos e de Galiza pode ofrecer.
Eu son unha persoa moi volcada coa cultura en termos xerais en todas as súas formas de expresión, pero especialmente sensibilizado coa do noso concello, Mos. Sufro vendo como as políticas actuais do goberno de Arévalo fomentan a destrucción e o abandono do noso património. Un património que non só se atopa nos bens materiais, senón tamén nuns bens emocionais e artísticos moi enraizados nos nosos corazóns, como pode ser a difusión do noso folclore.
Co arraigo artístico que temos no concello, a clase política debemos ser moi xenerosos e moi sensibles con todas e todos os artístas que aquí temos.
Dame moita mágoa, incluso rabia, ver como actualmente o que se fomenta dende o equipo de goberno non é outra cousa máis que a competitividade, a envexa e o confrontamento entre os propios artistas. O Partido Popular vai premiando a uns e castigando a outros, dependendo do “amigo” que sexas ou do ben que o fagas cando entras no despacho da alcaldía, en vez de fomentar a unión e a boa convivencia entre os artistas, co que así conseguiríamos unha forza unitaria de todo o noso patrimonio artístico e que o nome de Mos soase con máis forza por todo o mundo.
Como dicía o comezo, hai uns días tiven a sorte de poder amosar o noso folclore nunha marabillosa viaxe por terras polacas, nun festival internacional que está nos primeiros lugares en importancia a nivel mundial. Alí conseguimos que as bandeiras de Mos e de Galiza ondeasen no máis alto e namorar os corazóns de medio mundo coa nosa cultura e co noso folclore. Digo isto e non esaxero, porque neste festival xuntámonos con culturas tan diferentes como a de Mexico ou a de Xapón, pasando por Ucraína, Turquía, Italia, Kazaxistán, Serbia ou Bulgaria entre outros, completando un total de dezaseis países diferentes.
Para min non hai nada máis satisfactorio, como veciño de Mos e como parte da política do noso concello, que levar a nosa bandeira e a nosa cultura polo mundo, e conseguir que os nomes de Mos e de Galiza retumben nos oidos da xente. Que os seus corazóns queden impregnados da nosa esencia. Que a nosa cultura sexa difundida cunha dulzura incontestable, e que lle quede fortemente incrustada nas almas de todo o mundo.
Conseguir todo isto, é, e será sempre, unha das miñas maiores motivacións para seguir loitando contra o inimigo social e cultural número un, que non é outro máis que o PP de Arévalo. Unha vez que consigamos entre todas e todos votar fóra das nosas institucións a esta lacra, poderemos avanzar cara un futuro social e cultural moito máis próspero.
Lembrade que Mos ten un potencial artístico e cultural incomparable e estou convencido que imos conseguir que sexa o espello en que se miren outros concellos, pero non o conseguiremos mentres manteñamos ao PP e a Nidia Arévalo co bastón de mando, así que, entre todas e todos, poñamoslle remedio e deámoslle unha patada a esa barreira que nos impide avanzar hacia o futuro soñado.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.