Moción en apoio das traballadoras/es da CRTVG
No ano 2011 aprobouse a Lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisuales de Galicia para garantir, entre outras cousas, a pluralidade e obxitividade de ditos medios en Galicia. A lei recolle no seu artigo 4º. “A obxetividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa, así como o respecto a liberdade de expresión e a formación dunha opinión pública plural” para a CRTVG, así como “a creación dun Consello de Informativos como órgano interno de participación dos profesionais da información da Corporación RTVG, co fin de velar pola independencia, veracidade e obxetividade dos contidos informativos difundidos por todas as súas canles” artigo 36º.
Sen embargo, sete anos depois a realidade é ben diferente e o pasado 31 de maio as e os traballadores da Radio Televisión Pública Galega deciden unirse as protestas que xa viñan mantendo as e os traballadores da CRTVE a través dos denominados “Venres negros” manifestando a súa disconformidade co control gubernamental na radio e televisión públicas de Galicia.
A plataforma “Defende a Galega”, creada no marco destas protestas ven defendendo dende entón a súa imparcialidade política e o seu único interese en reivindicar uns medios públicos que defendan as galegas e os galegos, destacando como principal demanda a creación do Consello de Informativos tal e como estabrece a Lei, e que nunca chegou a ser posto en funcionamento, como unha ferramenta fundamental que garanta o traballo independiente das e dos profesionais que travallan na TVG e na RG.
Por unha banda, inciden as traballadoras e traballadores no risco real de desmantelamento da entidade pública, tal e como ven acontecendo co peche das delegacións da TVG existentes ata hai poucos anos, coas eliminación das desconexións da Radio Galega e do Diario Cultural e co cada vez máis crecente esmorecemento da produción propia.
Un dos pasos máis recentes, e que por primeira vez organizan conxuntamente os comités de empresa da CRTVG e CRTVE-Galicia, é a celebración da manifestación pola dignidade dos medios públicos o pasado 8 de setembro en Compostela. Un acto de reivindicación conxunto das traballadoras e traballadores de ambas entidades que visibilizou as protestas e denuncias ante a falta de imparcialidade e obxetividade provocadas pola inxerencia do Goberno da Xunta.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal GañaMós solicita ao pleno de Mos que se adopten os seguintes acordos:
- Instar ao Goberno da Xunta de Galicia ao cumprimento integro da Lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisuales de Galicia, garantindo a creación do Consello de Informativos tal como recolle dita lei.
- Manifestar o apoio do Concello de Mos á plataforma “Defende a Galega” e as/os profesionais de CRTVG e CRTVE-Galicia nas súas reivindicacións por un traballo libre e independente.
- Dar traslado dos acordos ao Goberno da Xunta e a plataforma “Defende a Galega”.