Liberación AP9 Vigo Porriño
Para o pleno de setembro imos presentar de novo a nosa moción para a liberación dos peaxes da AP-9 Vigo-TUI. Esta proposta xa a presentamos hai máis dun ano pero daquela Arévalo e o Partido Popular a rexeitaron, agora despois das últimas declaracións públicas, en prensa e radio, tanto de Arévalo como do Partido Popular a nivel provincial reclamando a gratuidade deste tramo da AP-9 entendemos que desta vez vai contar co seu respaldo. Agradamos manteñan a coherencia aínda que só sexa durante unhas horas. Tampouco imos a pedir imposibles.